Entrevista a Ana Pontón no Sermos205

Nas vésperas do Día da Patria Galega, e na serie de entrevistas políticas, o director de Sermos, Xosé Mexuto, conversa coa candidata do BNG á presidencia da Xunta, Ana Pontón, no número 205 do semanario, esta quinta feira nos pontos de venda habituais e este serán xa na nosa loxa.

Que mensaxe quer transmitir o BNG este Día da Patria Galega? Como facer para acortar a fenda que existe entre a capacidade de mobilización social do Bloque e os seus resultados eleitorais? Un cambio a tres na Galiza prefigura un tripartito? A estas e a outras perguntas sobre a actualidade política contesta a portavoz nacional e candidata do BNG á presidencia da Xunta da Galiza, Ana Pontón.

O Sermos205, para alén da terceira entrega do Caderno de Verán, debruzarase tamén sobre como vai afectar a Galiza as sancións que a UE imporá ao Estado español por este se desviar no cumprimento do obxectivo do déficit público para 2015.