#EnquisaSermos: 52% a prol de saír do euro

Banco Central Europeo

 

Debemos saír do euro ou esa non é solución? Esta é a pregunta que se formulaba na enquisa Sermos Galiza ao abeiro do debate sobre a Unión Europea como modelo e o euro como a súa chave de bóveda, que renuníu Manuel Mera, director da Fundación Moncho Reboiras, e Julio Torrado, deputado do PSdeG; para debullar esta cuestión.

 

52,1% das persoas que participaron na enquisa votaron a favor de saír do euro mentres que 38,1% considerou que esta vía non era solución ningunha. Case 10% das participantes (9,6%) optou por “non teño unha opinión findanada”.