Ence solicitará a ampliación da concesión para Lourizán máis alá do 2018

Factoría de ENCE na Ría de Pontevedra

A pasteira considera que non hai razóns ambientais para se mover da actual ubicación

Ence aspita a seguir na Ría de Pontevedra máis alá de 2018, ano no que finalizaría a concesión para permanecer alí. Antonio Casal, un dos altos cargos da pasteira, afirmou que actualmente non existen razóns ambientais polos que esta empresa tería que se mover do seu emprazamento.

Casal afirmou que en 2012 Ence reduciu un 83% o impacto da súa factoría en Lourizán. Un elemento de importancia e a ter en conta.

A aprobación da nova modificación da Lei de Costas permite a Ence renovar  a súa licenza até 75 anos máis.