Sentenza do TSXG

Ence precisa licenza do Concello para facer obras en Lourizán

Reimundo González, portavoz do goberno local pontevedrés, cualifica a resolución como “demoledora”.

O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) establece que Ence debe pedir licenza municipal para realizar obras no seu complexo de Lourizán, decisión coa que o tribunal ratifica a paralización municipal en 2016 por parte do goberno local de Pontevedra dunhas obras da pasteira na zona de pesada de camións e nas balsas de decantación.

 

A empresa presentou entón un recurso ante o Concello, que foi desestimado, e posteriormente acudiu aos tribunais, alegando entre outros argumentos, que as obras estaban amparadas polo plan sectorial vixente. O TSXG certifican que Ence si tivo acceso ao expediente e que o órgano que lles sancionou, a concellería de Urbanismo por delegación do alcalde, si era competente para facelo.

 

O portavoz do goberno local, Raimundo González, dixo que esta sentenza demostra o incumprimento "manifesto" da legalidade vixente por parte de Ence e o "amparo" que recibe desde a Xunta.