En que lugares do mundo teñen máis resistencia aos antibióticos?

Medicamentos antibióticos (Foto: Europa Press).
Un equipo investigador do Instituto Nacional de Alimentación da Universidade Técnica de Dinamarca (DTU) mapearon en que lugares do mundo é maior a aparición de xenes de resistencia aos antibióticos, como se localizan e en que tipos de bacterias se encontran.

Un equipo investigador do Instituto Nacional de Alimentación da Universidade Técnica de Dinamarca (DTU) mapearon en que lugares do mundo é maior a aparición de xenes de resistencia aos antibióticos, como se localizan e en que tipos de bacterias se encontran.

Creárono mediante a análise das mostras de augas residuais recibidas por DTU de 243 cidades de 101 países entre 2016 e 2019. Os resultados do novo estudo metaxenómico (que acaban de publicarse en Nature Communications) sorprenderon o equipo investigador.

De feito, o mapa mostra que os xenes apareceron en moitos contextos xenéticos e tipos de bacterias diferentes, o que indica unha maior transmisión do que os investigadores esperaban.

"Atopamos xenes de resistencia similares en tipos de bacterias moi diferentes. Parécenos preocupante cando os xenes poden pasar dun grupo moi amplo de bacterias a outro completamente diferente co que non hai ningún parecido. É raro que estas transmisións de xenes se produzan a distancias tan longas. É un pouco como se especies animais moi diferentes tivesen descendencia", explica o profesor adxunto Patrick Munk.

Se os xenes se encontran en bacterias que non adoitan enfermar a xente (como as bacterias do ácido láctico) é menos preocupante. Con todo, se os xenes de resistencia sen encontran en bacterias importantes para a saúde humana, como a salmonela, a historia é completamente diferente.

"Isto fai que sexa moito máis probábel que as bacterias maten a xente, por exemplo nun hospital, porque non hai tratamento dispoñíbel", subliña Munk.

Puntos quentes no mundo

En diferentes lugares da África subsahariana, o equipo investigador atoparon o mesmo xene de resistencia en varias bacterias diferentes. "Interpretamos que isto significa que podemos estar bastante perto dun punto quente de transmisión, onde hai unha transmisión do xene dunha a outra a unha terceira bacteria. Por iso vemos o xene en tantos contextos diferentes precisamente aí", explica Munk.

Engade que moitas das transmisións sorprendentes parecen producirse no África subsahariana. Tamén son os países cos programas menos desenvolvidos de control da resistencia, o que significa que hai moi poucos datos sobre a situación da resistencia.