Emilo Cao, após o xuízo: “A verdade está da miña parte, non hai ningún delito, nin atentado nin desordes públicas"

Emilio Cao con Fernán Vello momentos antes do xuízo

O mozo, para o que a Fiscalía pide case 6 anos de prisión, estivo arroupado en Madrid por un cento de persoas, entre elas deputados como Fernán Vello, Antón Sánchez ou Paula Quinteiro.

Emilio Cao declarou esta segunda feira nuns xulgados do penal de Madrid.   A Fiscalía pide para el para 5 anos e 8 meses de prisión “por 'agresión e atentado á autoridade'  durante as Marchas da Dignidade de 2014. Até o capital do estado desprazáronse varias ducias de solidarios e solidarias, que se concentraron para reclamar a absolución deste mozo do Carballiño. Na concentración participaron, entre outros, o concelleiro compostelán Jorge Duarte e os deputados de En Marea nas Cortes do Estado e no Parlamento de Galicia  Miguel Anxo Fernán Vello, Ángela Rodríguez, Antón Gómez-Reino, Paula Quinteiro e Antón Sánchez.

Emilio Cao calificou de  “montaxe” e “farsa” a denuncia policial e o proceso xudicial. Sinala que “ após as incoherencias das testemuñas policiais e a solidez das probas que presentou a miña defensa, síntome máis tranquilo de que poida saír ben finalmente o xuízo ao que me enfronto”. “A verdade está da miña parte, non hai ningún delito nin atentado nin desordes públicas", dixo.

En declaracións recollidas por La Región, recoñece que “sería xenial acabar con todo isto” e agradece os apoios e mostras de solidariedade recibidas.

 

Fernán Vello, de por parte, considera que Emilio Cao está a ser “vítima” do “estado de persecución e de represión a partir da Lei Mordaza instaurada polo Partido Popular”  e exixiu ao novo gobnerno español “que derrogue a Lei Mordaza, sen medias tintas”.  Antón Sánchez, deputado no parlamento de Galiza e portavoz nacional de Anova, explicou que “o Estado montou unha serie de artefactos lexislativos e policiais de represión contra a reclamación de xustiza social que cremos que hai que desmontar".