Emilio Cao: “O meu xuízo é unha expresión máis do autoritarismo de Estado”

beiras emilio cao

O mozo que será xulgado na vindeira segunda feira en Madrid e para o que a fiscalía pide 5 anos e 8 meses de cárcere compareceu acompañado de Xosé Manuel Beiras, que instou o goberno de Pedro Sánchez a "levantar o Estado de excepción".

Esta segunda feira, 25 de xuño, reanudarase no Xulgado do Penal de Madrid, o xuízo contra Emilio Caoprocesado por participar en 2014 na Marcha da Dignidade en Madrid que se aprazou o pasado 18 de marzo. A Fiscalía pide para el para 5 anos e 8 meses de prisión “por 'agresión e atentado á autoridade' .

 

Este mozo compareceu en Compostela nesta sexta feira, acompañado de Lucía Suárez e Xosé Manuel Beiras, en nome da Plataforma `Absolución Emilio Cao`, que sumou máis de 1.000 apoios de representantes políticos e a sociedade civil en solidariedade con Cao.  “Emilio Cao é unha das caras da represión de Estado, pero hai centos e miles de caso”, afirmou Lucía Suárez. Cao considera que o seu xuízo “é unha expresión máis do autoritarismo de Estado. A solidariedade cidadá é imprescindible para isto non siga sucedendo”.

 

Xosé Manuel Beiras, de por parte, denunciou a “violación sistemática, practicada a cotío, dos dereiros e liberdades” e dixo que o novo Goberno de Pedro Sánchez ten que  “levantar o Estado de excepción” e se é preciso “proclamar unha amnistía”.