Emigración 2.0: pagar por emigrar

Axencias de colocación no estranxeiro proliferan ao abeiro das elevadas cifras de emigración xuvenil. Ofrecen "axuda" na procura de aloxamento, cursos de inglés e mesmo entrevistas de traballo por uns centos de euros

 

Ofrecen os seus servizos a través da Internet. Partillan ofertas e pacotes nas redes sociais. O seu público obxectivo sitúase nas faixas de idade onde o desemprego semella terse enquistado e preséntase como unha 'módica' alternativa que facilita unha saída profesional no exterior. Son as axencias de colocación internacionais. A emigración 2.0.

Conversamos con Sandra F. Llousas. Esta moza de 30 anos leva varias semanas en Londres após contactar cunha destas axencias. Arredor da súa experiencia persoal coñecemos como funcionan estas empresas cuxo negocio está na falta de oportunidades laborais.

Toda a información no número 62 do Sermos Galiza, xa á venda nos quiosques e librarías do pais. Tamén, na nosa loxa