Elsa azouta Galiza: ventos de 152 km/h e arroiou en todo o país

Carlos Castro (Europa Press)

Unha cadea de borrascas pasa por Galiza até o domingo.

O temporal de choiva e vento que esta cuarta feira visitou Galiza deixou máximas de vento de até 152 quilómetros por hora en Oia e choiva a cachón, nomeadamente no interior da provincia da Coruña, onde en Val do Dubra ou Santa Comba randiveron polos 100 litros por metro cadrado durante a tarde.

En concreto, segundo a información de Meteogalicia, o refacho de vento máis forte rexistrouse no sur do país, en Oia, onde se rexistraron 152 quilómetros por hora. En Viveiro, na costa norte, chegouse aos 138,2 quilómetros por hora.

Destacaron os fortes ventos de Vimianzo, onde se acadaron os 135 quilómetros por hora, Cedeira, con refachos de 126,7, ou Cuntis, onde a estación de Monte Xesteira mediu ventos de até 125,6 quilómetros por hora.

Ademáis, chegouse case aos 120 quilómetros por hora en Bueu, tanto na estación da Illa de Ons como en Cabo Udra; mentres que na Pontenova houbo refachos de 120 quilómetros por hora. Na montaña da Veiga rexistráronse os 100 quilómetros por hora.

As fortes choivas causaron numerosos anegamentos e cortes de estradas polo desbordamento dos ríos Superáronse os 98 litros por metro cadrado en Santa Comba e os 97 en Val do Dubra. Máis ao sur, en Lousame, rexistrábanse valores por riba dos 88 litros por metro cadrado e de 78,6 en Zas. En Coristanco, pola súa banda, superáronse os 64 litros por metro cadrado.