Educación elimina 58 empregos e 54 aulas de Infantil e Primaria ao modificar o cadro de persoal

crianzas_pequena

Dende a CIG-Ensino censuran que a Consellaría “impón estes recortes sen que exista un mínimo contraste nin negociacións no seo da mesa sectorial”. 

CIG-Ensino  denuncia que a Consellaría de Educación executa unha modificación dos cadros de persoal do corpo de mestres “sen previa negociación coas organizacións sindicais”, unha medida que  implica contar para o curso 2018/19 con 54 aulas menos das que existen neste final de curso e un recorte de 58 empregos en persoal docente.

 

“A cifra de eliminación de postos docentes elévase a 85 se temos en conta as especialidades de EI, EP, Inglés, Francés , Música e Educación Física; só a creación de novos postos en especialidades como PT, AL ou Orientación (27 en total) permite reducir a cifra final de recortes”, informa o sindicato nacionalista

 

Dende a CIG-Ensino censuran que a Consellaría “impón estes recortes sen que exista un mínimo contraste nin negociacións no seo da mesa sectorial”. “

 

A supresión de unidades educativas afecta especialmente as provincias da Coruña e Pontevedra.