Educación prosegue coa externalización da certificación do coñecemento de linguas

CIG-Ensino reclama que que sexan as Escolas Oficiais de Idiomas as que formen e certifiquen os coñecementos do profesorado galego en todas as linguas.

A Consellaría de Educación continúa coa externalización da acreditación do coñecemento das linguas, unha denuncia da CIG-Ensino que critica que esta opción implica, entre otras cuestión, un gasto que se retrae do orzamento do ensino público galego.

 

“A administración anuncia que a Alianza Francesa levará a cabo a certificacións en B2 (DELF), e C1 (DALF), iso si, usando o persoal do Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) para a súa xestión”.

 

A formación do profesorado non pode ser unha forma de financiar entes externos, manén a central nacionalista, máis aínda cando as EOIs teñen entre as súas funcións expresas levar a cabo esta formación.