O edil do PSOE de Cee opina que o galego “no es la lengua de Galicia”

Pleno de Cee

“Por su bien, dejemos ya al gallego en paz”. Así finalizou o edil do PSOE, Modesto Rivas, a súa polémica intervención no último pleno de Cee, no que se debateu a ordenanza de impulso do galego no concello.

O eco do último pleno municipal de Cee, no que se debateu a ordenanza de impulso do galego no concello, continúa resoando máis unha semana após debido á polémica causada a raíz da intervención do edil do PSOE, Modesto Rivas, que cargou contra a lingua ao longo do seu discurso. O socialista criticou “los vicios del nacionalismo cultural” que, ao seu ver, recolle a ordenanza. “Pero lo que es llamativo y contra lo que hay que oponerse es a esa referencia de Galiza como país, y mucho más aceptar esa tesis de que a cada país le corresponde una lengua”, engadiu.

Modesto Rivas: “Los escritores gallegos más importantes escribieron su obra en castellano”

Modesto Rivas chegou a xustificar a súa postura contraria á normativa de impulso ao galego sinalando que “los escritores gallegos más importantes escribieron su obra en castellano” e “algunos, como Rosalía y Cunqueiro, escribieron su obra usando las dos lenguas de Galicia”. “Por tanto, el gallego no es la lengua de Galicia, sino una de las dos lenguas. Y esto no es opinable: es un hecho”, afirmou.

Amais de rexeitar a existencia dun “territorio lingüístico gallego”, cualificou a ordenanza, que volverá a pleno acompañada dun informe xurídico, de proxecto “innecesario e ilegal”. O concelleiro do PSOE deixou entrever, na súa exposición, que a ordenanza non era idea do alcalde, “personalmente no puedo imaginármelo en posiciones tan radicales”, apuntou, para engadir que “casi todos coincidiríamos en señalar a sus verdaderos autores”.

Amais do galego, o concelleiro do PSOE criticou o uso da linguaxe inclusiva e non sexista

O edil socialista seguiu alimentando a polémica ao criticar a normalización do uso de “los y las”, en alusión á linguaxe inclusiva. Chegaremos ao “etcétera y etcétero”, chanceou para cargar contra a linguaxe non sexista.

A Mesa pola Normalización Lingüística convoca unha concentración para o domingo e unha palestra sobre o galego

A postura contraria do concelleiro do PSOE de Cee á ordenanza de impulso do galego provocou a reacción da Mesa pola Normalización Lingüística, que convocou unha concentración para este domingo, 15 de novembro, ás 12h, diante do Concello de Cee.

Ademais, a Mesa organiza unha palestra baixo o título “A necesidade e a legalidade da normalización nos Concellos” que contará coa presenza da sociolingüista e profesora da UDC Pilar García Negro, da profesora de Dereito da USC Alba Nogueira,  do presidente da Coordinadora de Traballadoras e Traballadoras de Normalización, Nel Vidal, e de Marcos Maceira, presidente da Mesa.

Manifesto en defensa do galego

Unha representación do pobo de Cee encabeza o manifesto 'Queremos galego na administración local de Cee'. Trátase dunha declaración, informa A Mesa pola Normalización, en apoio do Regulamento de promoción do galego cuxa aprobación foi bloqueada no pasado pleno de Cee.

Entre as persoas asinantes atópanse o ex ministro socialista Francisco Caamaño, Serxio Domínguez, Alba Nogueira, María Lado, Rafa e Miro Villar, Rivadulla Corcón, Artur Trillo ou Antonio Casais, amais de representantes dos traballadores e traballadoras e do movemento veciñal...