Dúas semanas de aumento de casos activos na Galiza

(Foto: Javi Colmenero / Europa Press)

Son 412 e a área sanitaria da Coruña é onde máis hai.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, esta quinta feira, o número de casos activos de coronavirus na Galiza é de 412.

Deles 156 son da área da Coruña (5 menos ca onte), 73 da de Lugo (1 menos), 32 da de Ourense (3 máis ca onte), 41 da de Pontevedra (+6), 75 da área de Vigo (+1), 30 da de Santiago (2 máis), e 5 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 2 están en UCI, 17 en unidades de hospitalización e 393 no domicilio.

Polo de agora, na Galiza hai un total de 11.369 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 258.978.

Dentro do total de casos rexistrados na Galiza, anidade informa que  hai 2 vinculados con centros residenciais, segundo indica Sanidade, que corresponde a 2 traballadores, mentres as residencias seguen sen persoas usuarias infectadas.