Diversos colectivos demandan na Coruña unha Lei galega de identidade de xénero

Cvcnui8WgAArN-m

A mobilización contou co apoio de representantes do BNG, En Marea e PSOE.

Ducias de persoas demandaron este domingo na Coruña unha lei galega de identidade de xénero que garanta os dereitos das persoas independentemente da súa diversidade sexual e afectiva. A mobilización, convocada por diversos colectivos LGTB de diferentes cidades galegas, decorreu baixo o lema 'Despatoloxización: unha lei galega de Identidade de Xénero Xa!' e coincidindo co Día Internacional pola despatoloxización da transexualidade. Apoiando o acto estiveron representantes de diferentes axentes políticos, sindicais e sociais, así como deputados como Olalla Rodil (BNG) ou o portavoz de En Marea, Luis Villares.

A reivindicación pide os mesmos dereitos para todas as persoas independentemente da súa diversidade sexual e afectiva logrando un recoñecemento pleno non só no plano simbólico senón tamén real no plano xurídico e tamén saúde.