Disparan a dous autobuses cando realizaban a ruta a Compostela desde Carballo e Baio

Interior dun autobús urbano. (Foto: Arxina)

Os cristais recibiron o impacto de perdigóns de escopeta

Dous autobuses rexistraron cadanseu disparo esta terza feira, 22 de agosto, cando facían a ruta a Compostela desde Carballo (Bergantiños) e Baio (Zas, Terra de Soneira), segundo confirmaron fontes da Garda Civil.

Un dos sucesos produciuse despois das sete da mañá e outro antes das 11.00 horas, en ambos os casos polo impacto de perdigón de escopeta.

En concreto, un facía a ruta desde Carballo e outro desde Baio, en Zas, en autobuses pertencentes a empresas pequenas.

Os impactos alcanzaron os cristais, pero, ao tratarse dun dobre cristal, non traspasou e só alcanzou o primeiro, sen provocar feridos.