O galego continúa ausente das plataformas dixitais mentres Disney Plus incorpora o catalán

Fotograma de 'Soul'

Disney Plus incorpora o catalán á opción de idioma coincidindo coa estrea de 'Soul' de Pixar

Disney Plus incorpora o catalán á opción de idioma coincidindo coa estrea de Soul' de Pixar A plataforma Disney Plus anunciou a incorporación do catalán á opción de idioma o 25 de decembro, coincidindo coa estrea de Soul, a película de Animación Pixar dobrada co apoio da Dirección Xeral de Política Lingüística.

A incorporación do catalán como opción de idioma na interface da plataforma no mesmo ano do lanzamento forma parte da colaboración entre o distribuidor e o Departamento de Cultura para promover a oferta e o consumo de contido audiovisuais en catalán.

‘Soul’ é a gran estrea da compañía este ano, que tamén se colgará directamente na plataforma.

A partir do día de Nadal haberá tres películas en catalán na plataforma Disney Plus: Soul, Disguised Spies e Frozen 2. Espérase un aumento gradual do catálogo.

E o galego?

O galego continuará ausente desta e outras plataformas dixitais. A inciiativa Xabarín da Mesa pola Normalización Lingüística demanda, nun dos seus puntros, esta presenza.

A Mesa pola Normalización Lingüística exixiu en reiteradas ocasións á Xunta diversas actuación que garantan a presenza da lingua galega nos filmes e series que ofertan as plataformas dixitais.