Políticos experimentan a dificultade de andar en cadeira de rodas

Políticos galegos en cadeira de rodas. Foto: cedida.

Políticos experimentaron as dificultades do día a día da xente con problemas de mobilidade.

Percorrer o pequeno treito que vai desde a estación de tren de Compostela até a entrada do Parlamento de Galiza (apenas 200 metros) é cuestión de escaso minuto a pé. Mais as cousas cambian se ese percorrido o fai alguén con problemas de mobilidade, que teña que usar unha cadeira de rodas. Entón o tempo alárgase e cómpren varios minutos para realizar o ‘paseo’, superando dificultades imperceptíbeis para os que van a pé.

Esta terza feira varios representantes políticos de diferentes organización (PP, En Marea, PSdeG, BNG) coñeceron eses atrancos ao realizar ese percorrido en cadeira de rodas. O acto estaba organizado por Cogami, Confederación Galega de Personas con Discapacidade, na campaña ‘Ponte no meu lugar’.

 

A acción decorre no marco da Semana da Mobilidade e é unha acción xa habitual nesta cita na capital de Galiza. Procúrase así concienciar sobre as barereiras e atrancos que dificultan a circulaión daquelas persoas que teñen problemas de mobilidade e a necesidade de ir eliminando esas dificultades. Entre elas, as rebaixas das beirarúas, que poden supoñer verdadeiros 'muros' para estas persoas.