Tres días de festas a esgalla para todos e todas no picheleiro barrio de Sar

Verbera, música tradicional e en galego, cabezudos, actividades para crianzas, campionato de chave… Un programa completo para 15, 16 e 17.

De Angrois a Castrón D’Ouro, das Piscinas a Santas Mariñas, Sar está listo para as festas patronais que, do 15 ao 17 deste mes, encherán este barrio compostelán de actividades e propostas para todas as idades. Organizados pola asociación Eu son de Sar de toda a vida, o programa contempla verbenas, actividades para crianzas, campionatos de chave, e unha aposta pola música en galego.

 

“Se algo tiñamos claro dende collemos as rendas da asociación era  apostar polo feito no país e a música  en galego porque o galego non resta nin calidade nin variedade ademais de levar a festa a todos os lugares do barrio”, dixo Pili Lueiro, presidenta da asociación.  A festa vai ter, ademais, un significado especial coa recuperación dos cabezudos, cedidos por Paco Otero, o belenista de Conxo.

 

A comisión organizadora das festas agradece o patrocinio e apoio de Distribuciones Aldani, Queixería Barral, Galmesanoe a liña de axudas que concede a Deputación da Coruña para pór en valor a música feita en Galiza .

 

Programa:

Durante os 3 días da festa percorrerán todos os lugares do barrio con pasarrúas a música tradicional (Colexiata do Sar, O Recobio, Os Faíscas da Pontraga, Os Campantes da Baña) e as charangas (BB+, Os Celtas,  Noroeste e Ardores)

Mércores 15

Banda de Música de Boiro Praza da Colexiata 13.30 horas

• Maxia na praza co Mago Romarís 18.30 horas

• Concerto da Charanga en Viso 19.30 h

• Verbena: Orquestra Furia Joven 22.00 horas

• Treixadura 23.30 horas

 

Xoves 16

Banda de Música de Teo + Cabezudos Praza da Colexiata 13.30 horas

Paco Nogueiras Horta da Colexiata 18.30 horas

• Concerto da Charanga en Angrois 19.30 h

• Verbena: Orquestra Cinema 22.00 horas

• Concerto  A Banda da Balbina 24.00 horas

 

Venres 17

• Sesión vermú: Orquestra Alkar

• Verbena: Orquestras Alkar e Essencia