O día do orgullo trans de Arelas: “Somos, existimos, resistimos!”

(Foto: Xan Duro)

Compostela acolleu unha nova edición da celebración do día do orgullo trans de Arelas, a asociación de familias de menores e mocidade trans da Galiza.

“Hoxe saímos de novo ás rúas de Compostela porque queremos celebrar de novo o orgullo trans, reivindicar tantos e tantos dereitos que lle corresponden ás nosas familias, por vivir nunha sociedade libre de violencia, porque o meu fillo ten o mesmo dereito que o teu a ser feliz”. Así principiaba o vídeo que Arelas, a asociación de familias de menores e mocidade trans da Galiza, fixo circular estes días nas redes sociais para chamar a celebrar este 15 de xullo o día de orgullo trans de Arelas.

“Porque estamos fartes de tanta explotación, por unha sociedade máis xusta e igualitaria, por rachar cos prexuízos e tantas etiquetas”, proseguen explicando diferentes persoas no vídeo. A xornada principiou cun filme. 20.OOO especies de abellas, que trata trata sobre as infancias trans, narra a historia de Lucía, unha nena de oito anos, que está na procura da súa identidade de xénero.

Mais o programa de actividades é moito máis amplo, cun xantar vcampestre, xogos e xincana pola diversidade ou contacontos. Tamén hai actuacións, como a de Éric Dopazo e, xa pola tarde, unha manifestación pola zona vella da capital galega “manifestando a nosa realidade, reclamando os nosos dereitos”.

A alcaldesa de Compostela, a nacionalista Goretti Sanmartín, achegouse até o parque onde se desenvolvían algunhas das actividade e tamén até a manifestación, igual que outrs membros do Goberno local do BNG e Compostela Aberta.

“Onde algúns ven problemas, nós vemos diversidade; onde outres ven ameazas, nós vemos dereitos. O futuro é de cores, nin u  paso atrás!”, reivindican desde Arelas.