DíA DA PATRIA GALEGA

"O Día da Patria vivino mesmo baixo Franco"

[Imaxe O.R.]

Xosé María Rodríguez Cobelo asiste desde os anos '70 á manifestación do 25 de xullo. "E aquí seguirei até caer de cú", afirma. 

 

Naceu en Euskal Herria, a onde emigraron os seus pais. Porén, leva vivindo en Ares unha morea de anos. Os mesmos que saído ás rúas o Día da Patria Galega, "mesmo con Franco", subliña. 

Das cargas policiais durante as primeiras convocatorias até este 25 de xullo van moitos anos. Porén, Rodríguez Cobelo asegura que continuará vindo "pase o que pase, estexa ou non de acordo" coa fórmula na que decorra a mobilización. "Até que o corpo aguante". 

Cantos anos levas manifestándote?
Desde os anos '70. Eu e máis os meus irmáns somos nados en Euskal Herria. En 1970 viñémonos e xa ficamós aquí. Isto vivino mesmo con Franco.

Como eran aqueles Días da Patria?
[Respóndeme coa ollada posta entre Porta de Santo Antonio, entre a Virxe da Cerca e Praza Galiza]. Aquí, nesta zona concretamente, a finais dos '70, un ano, neste embude cargara a policía. Aquí estou para contalo e seguirei, até caer de cú como dixo o outro. 

Cales foron as razóns polas que decidiches comezar a te manifestar o 25 de xullo?
Razóns unha: país, a lingua e o corazón. 

Como valoras a convocatoria deste ano?
Eu veño con esta bandeira [sinala a que leva prendida ás costas co logo do Bloque Nacionalista Galego]. [Ri]. Que queres que che diga? Eu seguirei vindo, pase o que pase. Estexa ou non de acordo, aquí seguirei até que o corpo aguante.