Xustiza

Os dous detidos polo homicidio de Arteixo pasan a disposición xudicial

Dispositivo policial despregado no lugar no que se produciu o tiroteo. (Foto: M. Dylan / Europa Press)
O falecido, tras recibir un disparo, é un home de 42 anos coas iniciais G.S.R., porteiro dun local de lecer nocturno da Coruña.

Os dous detidos pola morte dun home en Arteixo (comarca da Coruña) xa pasaron a disposición xudicial, que podería producirse esta mesma tarde, segundo informaron fontes da Benemérita. O falecido, tras recibir un disparo, é un home de 42 anos coas iniciais G.S.R., porteiro dun local de lecer nocturno da Coruña, confirmaron fontes consultadas pola axencia Europa Press.

Segundo precisou o servizo de Urxencias Sanitarias do 061, tiveron coñecemento dos feitos ás 17.55 horas deste domingo e enviaron ao lugar unha ambulancia de Soporte Vital Avanzado (ELA). A vítima foi atendida mais finalmente faleceu alí por mor da ferida de bala. A Garda Civil confirmou que manteñen abertas todas as hipóteses en relación á investigación que se abriu tras os feitos.

Pola súa parte, desde a central de emerxencias do 112 confirmaron que unha persoa informou de que un home resultou ferido por arma de fuego en Arteixo. Segundo explicou, atopou ao home tirado na estrada, na rúa José Pérez Ballesteros (parroquia de Oseiro), sen saber ben o que acontecera ata que se decatou de que na contorna había persoas con armas.

Con esta información, os responsábeis do 112-Galiza solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil e da Policía Local, ademais dos profesionais de Urxencias Sanitarias da Galiza-061 para atender o accidentado. A subdelegada do Goberno estatal na Coruña, María Rivas, lamentou que se producise un suceso destas características e confirmou que foi se activaron "todos os protocolos" nada máis recibir o 112 a alerta.

Rivas insistiu en que se están a facer as "investigacións pertinentes" e que agora hai que deixar traballar a Garda Civil. "Ese traballo diranos do que estamos a falar", apostilou en relación ao que desencadeou os feitos. O delegado do Goberno na Galiza, Pedro Branco, confirmou que se trata "dun homicidio".