Detido en Vigo un agresor machista

A Policía española arrestou o home que foi identificado após, cando menos, 4 agresións.

 

Esta quinta feira foi detido en Vigo un presunto agresor machista. Segundo recolle a axencia de noticias Europa Press o home foi identificado após unha investigación policial que comezou no mes de febreiro e que partiu da denuncia dunha muller á que o detido abordou pola rúa tentando tocala no interior dun ascensor. 

Dous meses despois, en abril, outras dúas mulleres denunciaron feitos semellantes acontecidos na rúa Travesas e Gran Vía. O detido ten 6 antecedentes policiais anteriores --non trascendeu se por violencia machista. Pasou xa a disposición xudicial.