No que vai de ano xa se arrestaron 47 posíbeis culpabéis de lumes

Detido o presunto autor de incendios en Boiro e Lousame

Persoal da UME chega a un lume en Vilariño de Conso. (Foto: Rosa Veiga / Europa Press)

A superficie queimada polos grandes incendios activos desde a fin de semana en comarcas do surdo país abeira as 9.000 hectáreas. No entanto, agora non hai ningún núcleo habitado en perigo.

A Policía Autonómica comunicou hoxe a detención dun home pola súa presunta autoría de varios lumes nos concellos de Boiro e Lousame.

Segundo explica a Xunta, o arrestado foi sorprendido "in fraganti" cando pretendía poñer lume nun monte da parroquia de Cadarnoxo, na localidade de Boiro.

As forzas de seguridade localizárono na noite do 13 ao 14 de setembro cun chisqueiro na zona forestal. A detención puido levarse a cabo grazas á axuda dos axentes ambientais do distrito IV do Barbanza.

A operación conxunta levaba uns meses en marcha. Xa se lle fixeran varios dispostivos de vixilancia a presunto incendiario, quer polo día que pola noite porque aparecían moitas frontes de chamas pola contorna.

Ao varón impútanlle, polo menos, a posíbel autoría dun lume detectado o 8 de setembro na parroquia de Tállara, en Lousame. En calquera caso, a investigación da Policía Autonómica continúa aberta.

No que vai de ano xa foronndetidas 47persoas vinculadas a incendios forestais provocados na Galiza.

Evolución dos lumes activos

A superficie arrasada a estas horas polos grandes lumes que afectan a 15 municipios, a maioría rexistrados ao longo da pasada fin de semana, rolda xa as 9.000 hectáreas.

Así o informou a Consellaría do Medio Rural no último parte sobre a situación. Os de maior envergadura que siguen avanzando son os de Vilariño de Conso e Lobios, con máis de 2.000 hectáreas queimadas en cada un.

Tamén permanecen activas as lapas en Vilardevós, A Mezquita, Montederramo, Chandrexa de Queixa, Rairiz de Veiga, Cualedro, Manzaneda e Laza, O de Maceda quedou xa extinguido tras levar por diante 222 hectáreas de monte.