Xustiza

O detido polo asasinato e violación de Elisa Abruñedo confesa: "Si, mateina"

Chegada do autor confeso da violación e asasinato de Elisa Abruñedo aos xulgados de Ferrol (Foto: Raúl Lomba / Europa Press).
O detido permanece nos xulgados de Ferrol, onde ten previsto comparecer ante a xuíza do Xulgado de Instrución número 2, que ten decretado o secreto do sumario, e que suspendeu todos os asuntos programados para esta quinta feira e así centrase neste caso.

O detido polo crime de Elisa Abruñedo, un home de 49 anos e residente en Narón (Ferrolterra), confesou ser culpábel dos feitos ante a Garda Civil tras, ser detido a pasada terza feira como responsábel da violación e morte desta veciña de Lavandeira, en Cabanas (Eume). Resólvese así o caso 10 anos despois de que acontecese.

Os axentes da UCO, responsábeis da investigación, someteron o detido a extensos interrogatorios, que se prolongaron durante varias horas de maneira continuada, desde primeira hora da mañá até alta horas da madrugada, que levarían ao presunto agresor sexual e asasino a declararse culpábel recoñecendo que efectivamente "a matou".

O detido permanece nos xulgados de Ferrol, onde ten previsto comparecer ante a xuíza do Xulgado de Instrución número 2, que ten decretado o secreto do sumario, e que suspendeu todos os asuntos programados para esta quinta feira e así centrase neste caso.

O detido chegou á sede xudicial sobre as 10.30 horas nun vehículo todoterreo da Garda Civil, apoiado por outra patrulla do instituto armado.

O vehículo no cal viaxaba xunto aos axentes detívose ás portas de xulgado, pero finalmente a Policía Nacional recomendou introducir o arrestado polo soto do edificio xudicial.

O crime

Abruñedo foi localizada nas proximidades do seu domicilio o 1 de setembro de 2013, ás poucas horas de desaparecer. O corpo sen vida estaba a apenas 200 metros da súa vivenda, con diversas puñaladas e constatándose que fora tamén violada.

A muller contaba por aquel entón con 46 anos, estaba casada e era nai de dous fillos. Na zona foron localizadas varias mostras de ADN que pertencerían ao responsábel confeso da violación e asasinato.