Detido un home en Vigo por violencia machista

A policía actuou após ser alertada por unha veciña e comprobar que a muller fora golpeada. 

A policía local de Vigo detivo esta terza feira (16 de febreiro) un home, de 40 anos, por un presunto delito de violencia machista. Os axentes procederon ao arresto após seren alertados por unha veciña que escoitou os berros da muller. 

Unha vez na vivenda e logo de entrevistar a vítima, a policía local prendeu o home que batera nela rompéndolle tamén o teléfono móbil, segundo o relato policial recollido polo portal de información Vigoé

O pasado 11 de febreiro foi asasinada en Becerreá pola violencia machista Ana Gómez Nieto, a primeira muller no que vai de ano na Galiza.