Violencia machista

Detido un home na Coruña por agredir unha moza de 19 anos

Os feitos denunciados producíronse na Rolda de Nelle da Coruña. (Foto: Google / Arquivo)
O home foi arrestado por un presunto delito de violencia machista.

Axentes da Policía Local da Coruña detiveron na mañá desta terza feira un home pola presunta agresión a unha moza. Os feitos producíronse nunha vivenda da Rolda de Nelle e até o lugar trasladáronse dotacións policiais após recibir o aviso por parte da propia muller.

Fontes próximas ao caso confirman que o home foi detido contra as 10.15 horas, un arresto producido por un presunto delito de violencia machista contra unha muller de 19 anos de idade.