Detido un home por unha agresión sexual na Coruña

A agresión produciríase na zona de lecer dos Cantóns e na vía pública. (Foto: Nós Diario)
Os feitos remóntanse ao pasado febreiro na zona de lecer dos Cantóns.

Axentes da Policía Nacional detiveron un home como presunto autor dunha agresión sexual que se produciría na cidade da Coruña o pasado mes de febreiro. Así veén de notificalo fontes policiais citadas pola axencia Europa Press, en relación a unha agresión sexual denunciada por unha muller.

A detención produciuse a pasada sexta feira por estes feitos ocorridos na zona de lecer dos Cantóns e na vía pública, precisaron as mesmas fontes. O home ingresou, após ser arrestado, en prisión tras unha investigación a cargo da Unidade de Familia e Atención á Muller da Policía Nacional.