Detido en Ames por cuadriplicar a taxa de alcol e co seu fillo de 2 anos no colo cando conducía

A Garda Civil investiga o sucedido como un caso de maltrato animal. (Foto: Europa Press)

As probas de alcoholemia emitiron un resultado de 1,01 e 1,02 mg/l de alcohol en aire expirado.

Axentes da Garda Civil detiveron un home que deu positivo na proba de alcoholemia após ser interceptado e que levaba o seu fillo menor, de 2 anos, no colo cando circulaba co seu vehículo.

Segundo informaron fontes deste corpo , o subsector da agrupación coruñesa detectou a este home no concello de Ames (comarca de Compostela), no marco dun control preventivo de alcol e drogas.

Os axentes descubriron a este pai co neno no colo no seu posto de condutor, sen elemento ningún de retención.

Ao realizarlle as probas de alcoholemia, deu un resultado de 1,01 e 1,02 mg/l de alcol en aire expirado, cuadriplicando a taxa máxima permitida para exercer a condución.

Por este motivo, foi investigado como posíbel autor dun delito contra a seguridade viaria.

O condutor, veciño da Estrada (Terra de Montes), deberá responder penalmente nos Xulgados da localidade de Padrón (O Sar).

Enfróntase a penas de tres a seis meses de prisión e privación do dereito para conducir vehículos de motor e ciclomotores entre un e seis anos.