Deteñen o rapeiro Pablo Hasel após homenaxear o ex preso galego Paco Cela

Pablo Hassel

A Garda Civil vén de deter, coincidindo coas eleccións estatais, o rapeiro Pablo Hasel cando voltaba de participar nunha homenaxe ao preso galego Paco Cela, que estivo no cárcere 32 anos pola súa militancia no Grapo acusado de “pertenza a organización terrorista”.

A Garda Civil executou a orde de detención contra o rapeiro Pablo Hasel este domingo en Castellón, cando se voltaba de participar nunha homenaxe ao preso galego Paco Cela, quen saíu da cadea após 32 anos de condena, a pasada quinta feira.

 

Segundo o avogado Diego Herchhoren, a orde de detención contra o rapeiro, que foi trasladado á comisaría de Vinaroz, ten a ver coa entrega dunha citación xudicial. Acúsano de lesionar un xornalista de TV3 e de participar nunha pelexa tumultuaria na Universitat de Lleida en 2016.

 

Hassel fora condenado a dous anos e un día de cadea pola Audiencia Nacional por enaltecemento do terrorismo por “inxurias e calumnias contra a Coroa”. Posteriormente, reducíranlle a condena a nove meses. En 2014 foi tamén condenado por enaltecemento do terrorismo e reabríronlle unha pena de dous anos de cárcere polas letras das súas cancións.