En alerta dúas granxas de visóns de Abegondo afectadas por surtos da Covid-19

Un visón nunha xaula, nunha granxa. (Foto: WWF)
Ao tempo que se reducen os casos activos do virus na poboación galega, estas explotacións -Galiza acolle a tres terzos de todo o sector existente en España- seguen a aparecer como lembranza do risco epidemiolóxico existente que veñen denunciando hai meses os colectivos ecoloxistas.

Ao tempo que baixan os contaxios e, polo tanto, os casos activos da Covid-19 na Galiza, as granxas de visóns volven estar de actualidade despois de que a Consellaría de Medio Rural comunicara a detección de dous novos focos do virus en dúas granxas de visións do municipio de Abegondo. 

A preocupación polo risco epidemiolóxico destes surtos ben sendo habitual entre os grupos ecoloxistas ao longo da pandemia, pois en todo momento indicaron que estes poderían ser focos dun contaxio moi elevado.

Desde que comezou a crise sanitaria xa se notificaron 13 gromos nalgunhas das 25 granxas de visóns que existen no país, onde se concentra o maior volume de negocio do sector en España, pois aquí están tres de cada catro industrias destinadas ao mercado peleteiro.

Os novos focos de SARS-CoV-2 afectan a dúas explotacións do mesmo municipio, Abegondo. A primeira, onde se identificou un caso positivo, conta con 10.742 exemplares, 1.996 delas reprodutoras, 12 machos e os 8.734 restantes, crías.

A segunda das explotacións afectadas conta con 1.970 visóns, dos cales 478 teñen unha función reprodutora, 100 son machos e 1.392 son crías. Alí foron detectadas seis mostras positivas.

Así as cousas, máis da metade das 25 granxas que existen na comunidade galega -con 71.479 reprodutora-- xa contaron con brotes de coronavirus. O primeiro episodio localizouse na Baña no mes de xaneiro e foi preciso sacrificar 3.100 visóns.

Desde o pasado mes de xuño disparáronse os casos, con oitos brotes en pouco máis dun mes en explotacións coruñesas: Carral, Santiago, Abegondo (2), A Baña, Oza-Cesuras, Negreira, Curtis e Sobrado dos Monxes.