Detectados outros 15 positivos nunha residencia de Ferrol e pechado un centro de día na cidade por 6

(Foto: Europa Press)
En canto ás residencias de maiores en Galiza, mantéñense con 17 usuarios contaxiados de Covid-19 concentrados en cinco centros.

A Residencia Coral Seoane de Ferrol suma outros 15 casos de Covid-19 aos dous que rexistraba esta cuarta feira, polo que se elevan a 17 os usuarios deste centro de atención á discapacidade. Na mesma cidade pechouse un centro de día por seis infeccións.

Así o informou esta quinta feira a Consellaría de Política Social, que actualiza os datos de maneira semanal cada cuarta feira agás que se detecten focos destacados, que explica que a detección de seis novos usuarios positivos no centro de día do Consorcio de Ferrol-Esteiro "aconsella o cesamento temporal da súa actividade".

Respecto diso, Política Social puntualizou que este centro de día do Consorcio de Ferrol-Esteiro reabrirase "axiña que a situación epidemiolóxica o permita".

En canto ás residencias de maiores en Galiza, mantéñense con 17 usuarios contaxiados de Covid-19 concentrados en cinco centros

En canto ás residencias de maiores en Galiza, mantéñense con 17 usuarios contaxiados de Covid-19 concentrados en cinco centros, nove deles na Vivenda Comunitaria A Túa Outra Casa de Sarreaus.

Ademais, hai tres casos de Covid en residencia da Residencia Virxe Guadalupe de Mos, outro tres na Nosa Señora dos Dolores de Forcarei, un na Residencia San José de Arzúa e outro na DomusVi Vigo.

Os novos contaxios de Covid-19 repuntan en Galiza até os 506, que supoñen máis dun cento que a xornada anterior, e os hospitalizados por este coronavirus aumentan a 105 -sete máis-, mentres que os casos activos ascenden a 3.573, que constitúen 405 máis. 

Segundo os datos publicados na mañá desta quinta feira pola Consellaría de Sanidade con rexistros até as 18 horas desta cuarta, Galiza mantén 12 pacientes ingresados en UCI pola Covid, mentres que aumentan a 93 os hospitalizados noutras unidades -sete máis- e 3.468 pacientes permanecen en seguimento no seu domicilio