Detectados tres novos focos de Covid na área de Vigo que suman 14 contaxiados

 En Vigo, O Val Miñor e Salvaterra de Miño.

Un total de tres novos focos de Covid-19 que suman 14 contaxiados foron detectados durante esta segunda feira en Vigo, O Val Miñor e Salvaterra de Miño.

Fontes do Servizo Galego de Saúde (Sergas) detallaron que estes focos, que elevan a unha decena os activos na zona, detectáronse nas últimas horasdesta segunda feira

En concreto, produciuse un brote no Val Miñor que suma sete positivos e que se orixinou nunha reunión de amigos. Como consecuencia, suspendéronse as visitas ás dúas residencias coas que conta o municipio de Gondomar, un centro de maiores e outro de persoas con discapacidade.

Así mesmo, na localidade de Salvaterra de Miño rexistrouse un segundo foco producido no ámbito familiar que afecta a tres persoas.

Adicionalmente, esta segunda feira contabilizouse un terceiro brote que suma catro positivos en Vigo.

O Sergas concretou que se trata de mozos que se contaxiaron durante unha viaxe realizada fóra de Galiza.