Detectados dous terremotos de baixa Intesidade en Friol e Piñor con 20 minutos de diferenza

A estrada LU-231 entre Friol e Palas atravesa a Reserva da Biosfera Terras do Miño (Imaxe: Apatrigal).

Os tremores rexistraron unha magnitude de 2,7 e 2,8, respectivamente.

O Instituto Xeográfico detectou na tarde noite desta terza feira dous movementos  sísmicos de baixa intensidade que afectaron Friol (comarca de Lugo) e Piñor (comarca do Carballiño) con 20 minutos de diferenza.

O primeiro produciuse a cero quilómetros de profundidade en Piñor minutos antes das 21:00 horas da noite; mentres que o de Friol tiña lugar 20 minutos despois a unha profundidade de dous quilómetros.

Os tremores rexistraron unha magnitude de 2,7 e 2,8, respectivamente.

O 112 Galiza sinala que o seu central de emerxencias non recibiu ningunha chamada para alertar da existencia de incidencias relacionadas con estes episodios.