Detectados dous focos de Covid en Melide que suman sete casos positivos

CHUS
En relación a estes brotes procedeuse ao estudo de 101 persoas e á realización de probas PCR.

A área Sanitaria de Santiago e Barbanza detectou dous focos no concello de Melide con catro e tres casos, que suman sete positivos mentres se segue coa realización de PCR.

Segundo explicaron fontes da área sanitaria, os dous focos foron detectados esta segunda feira. Un deles corresponde a un grupo de amigos menores de 30 anos con catro casos positivos.

Pola súa banda, o outro suma tres casos relacionados cun núcleo familiar (o pai, a nai e un fillo), indicaron as mesmas fontes sanitarias.

En relación a estes brotes procedeuse ao estudo de 101 persoas e á realización de probas PCR.