Covid-19: Detectados tres casos positivos en Beariz

Hospital de Ourense (Foto: Sergas).

Relacionados cunha moza ingresada no Hospital de Ourense

O seguimento dun caso importado de Covid-19 nunha moza procedente de México, ingresada no Hospital Universitario de Ourense, detectou tres positivos máis no concello de Beariz, dous deles importados tamén.

Así o informou a Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, que explicou que a moza procedente de México permanece ingresada no Hospital Universitario de Ourense "por unha patoloxía non relacionada co virus" e que tivo PCR positiva.

O tres positivos máis detectados confirmados por PCR en Beariz corresponden dous deles a casos "importados", puntualizaron as mesmas fontes, "e con nexo familiar con esta".

Todos eles, destacaron as mesmas fontes da área sanitaria nun comunicado de prensa, permanecen "en illamento e seguimento domiciliario".