Detectado un lago de auga líquida máis dun quilómetro por debaixo da superficie de Marte

O científico italiano Roberto Orosei

A descuberta, realizada por un equipo de astrofísicos italianos, abre a hipótese de que exista algún tipo de vida orgánica no planeta.

Se hai auga en estado líquido pode haber algún tipo de vida microscópica. Ese razoamento é o que outorga unha grande relevancia ao achado realizado por un equipo de astrofísicos italianos, liderados polo investigador Roberto Orosei. En concreto, o Instituto Nacional de Astrofísica do país transalpino detectou unha corrente de agua líquida de 19,3 quilómetros de ancho por debaixo, a 1,5 quilómetros da superficie, dunha grande concentración de xeo no polo sur de Marte. A descuberta foi publicada pola revista Science.

 

O achado é o produto de tres anos de análise de dados obtidos por unha sonda da Axencia Europea do Espazo. As condicións do lago marciano son semellantes ás que se rexistan nos arredor de 400 lagos sub-glaciais estudados no noso planeta. Nalgúns deles, situados na Antártida, si que se ten identificado a presenza de microbios.

 

Dadas as condicións existentes na superficie de Marte submetida a intensas radiacións—, a comunidade científica xa sabía que a única posibilidade de que existise vida orgánica no planeta vermello radicaba precisamente na hipotética existencia de lagos baixo a terra.