Detectado un brote con seis positivos no Porriño

Proba do test do coronavirus na Galiza (Imaxe: Xunta)

Un home contaxiou a súa moza e varios familiares.

Un brote de contaxios por Covid-19 con seis positivos orixinado despois de que un mozo transmitise a enfermidade a familiares próximos e á súa moza foi detectado no centro do Porriño.

Fontes do Concello detallaron que a Consellería de Sanidade informou destes casos positivos á alcaldesa, Eva García de la Torre, por vía telefónica esta quinta feira.

En concreto, o brote orixinouse despois de que un mozo contaxiado transmitise a patoloxía a familiares próximos e á súa moza, que nestes momentos atópanse illados nos seus domicilios.

Así mesmo, profesionais de Atención Primaria realizan un seguimento do estado destes positivos mediante o centro de saúde da localidade pontevedresa.

A Consellería tamén explicou á rexedora do Porriño que os rastreadores epidemiolóxicos continúan a realización de investigacións para detectar se se produciron máis contaxios.