Detectado un foco de coronavirus que afecta 22 peregrinos no Pino

Imaxe de arquivo
Os contaxiados, aseguran fontes sanitarias, tras estar illados marcháronse ás súas vivendas en coches particulares e co consentimento informado de que se ían a para os seus domicilios. Tiñan entre 20 e 21 anos e na súa maioría eran de Valencia.

A área Sanitaria de Santiago e Barbanza detectou un foco de Covid-19 con 22 peregrinos, mozos e mozas, contaxiados en dous albergues no concello do Pino, comarca de Arzúa..

Fontes desta área sanitaria confirmaron a Europa Press que se trata de 22 positivos dun grupo de 28 peregrinos que estaban en dous albergues deste municipio, maioritariamente procedentes da Comunidade Valenciana.

O alcalde do Pino, Manuel Taboada, asegura que os contaxiados estiveron controlados "en todo momento" até que "os seus pais" acudiron a buscalos en coches particulares para regresar á súa comunidade de orixe

Os contaxiados, aseguraron as mesmas fontes sanitarias, tras estar illados marcharon ás súas vivendas en coches particulares e co consentimento informado de que se ían a para os seus domicilios.

Segundo fontes consultadas por Europa Press, este foco de Covid-19 detectouse o pasado sábado no termo municipal do Pino, situado no tramo final do Camiño de Santiago, entre un grupo de peregrinos de entre 20 e 21 anos.

En relación a este foco, o alcalde do Pino, Manuel Taboada, asegurou a Europa Press que os contaxiados estiveron controlados "en todo momento" até que "os seus pais" acudiron a buscalos en coches particulares para regresar á súa comunidade de orixe.