Destrúen un xacemento arqueolóxico no Rosal para reencher obras dunha estrada

Foto da Garda Civil

A Mina das Medas está declarado Ben de Interese Cultural

A Garda Civil investiga un veciño do Rosal como presunto autor dun delito contra o patrimonio histórico pola destrución dun xacemento arqueolóxico situado neste concello do Baixo Miño e coñecido como Mina das Medas.

 

As investigacións do Servizo de protección da natureza (Seprona) do Instituto armado comezaron a raíz dunha denuncia presentada perante a Garda Civil e na que se alertaba do movemento de terras que se estaba a facer no lugar dunha antigua mina aurífera.

 

A patrulla do Seprona do cuartel de Tui comprobou a veracidade dos efectos denunciados, verificando que se estaban a facer traballos de escavación naq zona onde estaba a mina para retirar terra e empregala para reencher nas obras dunha estrada PO-353.

 

O xacemento danado figura no inventario do Ben de Interese Cultural no Servizo de patrimonio Histórico da Xunta, para alén de carecer a escavación da licenza de obra.