Destrúen en Cea unha mámoa de 6.000 anos e substitúena por un merendeiro

San Cristovo de Cea

O Grupo Ecoloxista Outeiro do Carballiño denunciou perante a Fiscalía a destrución en Ardesende (San Cristovo de Cea) dun xacemento arqueolóxico “de incalculábel valor” e que figuraba no Catálogo de bens da Xunta.

O Grupo Ecoloxista Outeiro denunciou perante a Fiscalía de Medio Ambiente e Urbanismo a destrución na aldea de Ardesende (San Cristovo de Cea) dun túmulo neolítico catalogado pola Xunta, segundo informa La Región. Arqueólogos deste colectivo destacan o “incalculábel valor” do xacemento destruñido e que estaba formado por unha mámoa de 6.000 anos que conservaba as lousas de granito que formaban a cámara sepulcral. O xacemento estaba no Catálogo de Bens Culturais da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta.

Segundo o rotativo de Ourense, desde Outeiro sinálase que "de maneira inconcebìbel apareceu totalmente destruído e no seu lugar hoxe pode verse colocada una plancha de formigón sobre a que se construíu un merendeiro de obra". O grupo considera que "estes feitos provocaron un dano irreparábel na masa tumular do que foi un cementerio prehistórico".