Despois das cidades galegas, o exército español inicia o despregamento nas vilas

(Europa Press)

Ribeira, Rianxo ou Tui son algunhas das localidades onde os militares fan acto de presenza.

O exército español continúa co seu despregamento por Galiza. Despois de facelo en cidades como Vigo, Compostela, A Coruña, Pontevedra ou Lugo, os militares estenden agora a Operación Balmis por vilas e localidades da Galiza.

Xa o fixeron hai uns días en Vilagarcía de Arousa e ao longo desta xornada de sábado despregarase nos concellos de Tui, Santa Uxía de Ribeira e Rianxo.

Nos vindeiros días esta operación podería realizarse en máis concellos galegos.

O obxectivo destas actuacións é, indican desde Defensa, establecer os procedementos e as ligazóns coas autoridades locais e as Forzas de Seguridade no marco do dispositivo contra o coronavirus Covid-19.

As unidades actuarán en cada unha das citadas cidades galegas e tamén na capital de Asturies, Oviedo. Nelas tratarán de "recoñecer as zonas máis conflitivas, infraestruturas críticas e establecer unha ligazón sólida e eficaz" con autoridades locais e Forzas e Corpos de Seguridade.