Descenden ingresos hospitalarios e contaxios rexistrados

(Foto: Europa Press)
En coidados intensivos continúan 234 pacientes.

A presión hospitalaria prosegue coa tendencia descendente na Galiza, con 70 pacientes con Covid-19 menos hospitalizados, polo que se sitúan en 1.145, deles 234 en UCI. Pola súa banda os contaxios diarios descenden a 677 e os casos activos baixan a 16.643.

Así se desprende dos datos publicados hoxe pola Consellería de Sanidade con rexistros até as 18:00 horas de onte, nos que se reflicte que os pacientes ingresados en UCI pasaron de 240 a 234 -seis menos- e os que se atopan noutras unidades reducíronse a 911, o que supón 64 menos. Deste modo, na actualidade hai 1.145 persoas hospitalizadas con coronavirus.

Por áreas sanitarias, a da Coruña e Cee rexistrou o maior descenso, con catro pacientes con Covid en UCI (76) e 20 menos noutras unidades (234); mentres que na de Vigo caen nun até os 27 e en 18 até os 117, respectivamente.

Pola súa banda, no distrito sanitario de Santiago e Barbanza os pacientes con Covid en UCI mantéñense sen cambios en 46 e descenden a 102 os que están noutras unidades -17 menos-; mentres que na de Ferrol, aínda que soben nun, até os 21, as persoas en críticos, baixan en 11 os doutras unidades e sitúanse en 133.

Na área de Ourense seguen en 18 as persoas con este virus en UCI, pero baixan a 140 os doutras unidades -oito menos-; na de Lugo caen en dúas os pacientes en UCI (26), pero aumentan a 71 os doutras unidades -cinco máis; e na de Pontevedra e O Salnés mantéñense en 20 os ingresados en UCI e soben a 114 -cinco máis- os doutras unidades.

Galiza contabiliza 16.643 casos activos de Covid-19, o que supón 989 menos que os rexistrados onte. Deles, 4.673 corresponden á área da Coruña e Cee; 2.758 á de Vigo; 2.359 á de Santiago e Barbanza; 2.141 á de Pontevedra e O Salnés; 1.699 á de Ourense; 1.514 á de Lugo; e 1.499 á de Ferrol.

Tamén descenden os contaxios diarios detectados por diferentes probas a 677, tras superar os 700 a xornada anterior.¡ Deses 677 novos contaxios, 617 foron positivos confirmados por PCR nas últimas 24 horas. Deles, 245 na área da Coruña e Cee; 82 na de Vigo; 71 na de Lugo; 63 na de Pontevedra e O Salnés; 56 na de Ourense; 55 na de Santiago e Barbanza; e 45 na de Ferrol.

Con respecto á taxa de positividade -porcentaxe de infeccións por test PCR realizados- volveu descender e sitúase nun 4,6%, após o lixeiro repunte do día anterior despois de baixar un 4% a segunda feira por primeira vez desde o 24 de decembro e situarse en 3,6% a terza feira. Así, sitúase por baixo do 5% que marca a Organización Mundial da Saúde (OMS) para dar por controlada a pandemia.

Galizaa rexistrou 2.039 falecidos con Covid-19 desde o inicio da pandemia, tras comunicar a cuarta feira Sanidade 23 novas vítimas correspondentes a varios días. Desta vintena, dúas correspóndense con persoas usuarias de residencias.