Desaparece o busto de Fraga en Vilalba... máis unha vez

A Garda Civil puxo activou unha investigación

O busto de Manuel Fraga na Alameda de Vilalba desapareceu na madrugada desta cuarta feira, 15 de novembro, no que parece ser unha nova acción contra o monumento do ex-ministro franquista e ex-presidente da Xunta. A Garda Civil xa activou unha operación sobre este feito.

 

Non é esta a primeira vez que desaparece o busto de Fraga, que en ocasións anteriores foi recuperado e reposto no seu lugar. Ademais, a estatua sufriu ao longo destes anos diferentes ataques, destacando o de xuño de 2016, cando busto e pedestal foron derrubados.