Desafiuzamentos. Outra alternativas son posíbeis?

A dación en pagamento supón a perda da vivenda
No primeiro semestre executáronse no Estado español unha media de 520 desafiuzamentos ao día, un proceso que bate en moitas familias incapaces de facer fronte á hipoteca. Desde diferentes sectores vense insistindo desde hai anos na posibilidade de abrir outras vías que eviten este drama a milleiros de cidadáns, E noutros países funcionan alternativas

 

En 2011 producíronse no estado español 77.854 execucións hipotecarias y 58.241 desafiuzamentos. E na actualidade, pola volta de 135.000 familias estarían mergulladas nun proceso de execución hipotecaria. Un drama que adoita finalizar coa familia sen casa e, aliás, encadeada a pagar o que resta de hipoteca. Mais este proceso, que finaliza en desafiuzamento, non é o único camiño. Desde colectivos sociais, plataformas de afectad@s, organizacións de consumidor@s ou mesmo o Defensor del Pueblo véñense propoñendo outro tipo de alternativas para evitar o desafiuzamento.

Unha destas alternativas a renegociación ou refinanciación coa entidade bancaria, procurando aprazar as cotas da hipoteca ou ben que se permita alongar o periodo de amortización Fórmulas como as quitas, o aprazamento ou o fraccionamento son utilizadas decote no ámbito empresarial para financiar débedas, coma no caso dos concursos de acredores. Porén, a banca e o sector financeiro non as despregan para facer acomodar o pagamento das hipotecas á realidade económicas presente, marcada por un contexto de forte crise con alto desemprego e uns salarios e pensións cada vez máis empobrecidos. 

A dación en pago (entregar a vivenda e saldar así a débeda, se ben non se recupera o xa pagado) é unha das medidas máis demandas e exixidas desde afectad@s e colectivos sociais. De feito, hai en marcha unha campaña de recollida de sinaturas para unha ILP (iniciativa Lexislativa Popular) que presentar no Parlamento español. Máis en unha vía que se atopa co desinterese da banca. Outras vías serían a moratoria ou ben o alugueiro social.

E no mundo?

Estados Unidos: Existe a dación en pago, se ben non é unha regla común para todo o país e hai diferenzas segundo os estados

Irlanda: A maioría dos desaloxos de vivendas por hipotecados son voluntarias. Neste país hai un procedemento de negociación entre afectados e entidades financeiras que adoita acabar en acordos para renegociar a hipoteca ou ben a dación en pago

Grecia: Hai unha moratoria até 2013 que impide aos bancos expulsar aos inquilinos dunha casa se esta é a súa primeira vivenda

Alemania: Se unha persona non pode cumprir coas cotas dunha hipoteca, a entidade financeira banco procede a cancelar o crédito e exixir a devolución do mesmo. O embargo pode evitarseou aprazarse se o debedor se compromete a pagar a débeda no prazo de seis meses.

O exemplo vigués

Ricardo Barcia, 50 anos e camioneiro en paro desde hai catro, saltou esta semana á portada dos xornais e medios de comunicación ao protagonizar unha acampada de folga de fame fronte á sucursal en Vigo dunha entidade bancaria para reclamar que non o desafiuzasen. Tras 10 horas de protesta, logrou que o banco lle concedese a dación en pago, polo que se librou de ter que aboar os 50.000 euros que tiña pendentes de pagar de hipoteca.