crise dos pellets

A Deputación Permanente do Parlamento galego reunirase de urxencia esta quinta feira pola crise dos pellets

Último pleno do Parlamento da Galiza. (Foto: Parlamento da Galiza).
a reunión está convocada para as 10 horas e nela debaterase as dúas solicitudes do grupo do BNG, formación que pide a comparecencia do presidente da Xunta da Galiza, Alfonso Rueda.

A Deputación Permanente do Parlamento reúnese de urxencia esta quinta feira para debater a presenza do Goberno galego neste órgano de garda entre lexislaturas co fin de abordar a chegada masiva de pellets á costa galega debido á perda de carga do buque Toconao.

Así, a reunión está convocada para as 10 horas e nela debaterase as dúas solicitudes do grupo do BNG, formación que pide a comparecencia do presidente da Xunta da Galiza, Alfonso Rueda, ante o que considera unha "crise" ambiental e unha "marea de plástico" que non se abordou cao celeridade suficiente.

Comparecencia de Vázquez

Ademais, inclúese a solicitude do Grupo Parlamentario do PP que esta mesa terza feira rexistrou para dar curso á petición da vicdepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, para informar da perda de carga deste buque "fronte ás costas portuguesas".

Precisamente, a segunda feira a última hora da tarde Vázquez enviou un escrito ao Parlamento galego para pedir a súa comparecencia a petición propia na Deputación Permanente con ese asunto, o que activou os mecanismos deste órgano que substitúe o pleno en períodos non hábiles e entre lexislaturas.

Unha vez aprobada a petición, previsibelmente só a comparecencia de Ángeles Vázquez, volverá convocar este órgano a unha nova reunión na que xa estará presente a conselleira para o debate na Cámara galega.