Deporte como receita contra o encerro

As bandas elásticas son un bo complemento para o exercicio doméstico. (Foto: Nós Diario).

A raíz do confinamento ao que se está vendo sometida a poboación galega debido ao brote da COVID-19 a práctica deportiva desapareceu de golpe da rutina diaria das persoas, cando resulta máis necesario que nunca, mais as autoridades sanitarias hai décadas que alertan dos riscos que implica a obesidade, que pode aumentar exponencialmente debido ao sedentarismo intrínseco ao illamento social, por iso desde Nós Diario recomendamos unha serie de exercicios para desenvolver no interior da casa.

Segundo a Enquisa de Hábitos Deportivos que cada cinco anos publica o Consello Superior de Deportes (CSD), un terzo da poboación galega practica deporte semanalmente, e 10% diariamente. O confinamento supón un problema engadido para esas persoas, que ven como o confinamento a consecuencia do coronavirus interrompeu drasticamente ese hábito tan saudábel. 

Xogar ao fútbol, a pádel, nadar, ir ao ximnasio ou, simplemente, saír a andar ou a correr forman parte dese amplo grupo de pequenas cousas da vida que non se aprecian até que se perden.

A raíz do confinamento ao que se está vendo sometida a poboación galega debido ao brote da COVID-19 a práctica deportiva desapareceu de golpe da rutina diaria das persoas, cando resulta máis necesario que nunca.

As autoridades sanitarias hai décadas que alertan dos riscos que implica a obesidade, que pode aumentar exponencialmente debido ao sedentarismo intrínseco ao illamento social.

Ademais, o Consello Xeral da Psicoloxía xa informou que o confinamento leva consigo o aumento de problemas como a depresión ou a ansiedade, males para os que as especialistas adoitan recomendar niveis moderados de exercicio físico, tanto pola súa capacidade para manter "a cabeza ocupada" como polo seu efecto liberador de enforfinas, unhas substancias naturais do cerebro que incrementen a sensación de benestar .

Por iso resulta fundamental intentar, na medida do posíbel e adaptándoa ás novas circunstancias, reintroducir a práctica deportiva nas rutinas dos fogares das galegas e galegos.

Segundo o adestrador coruñés Raúl Vázquez, "até nos pisos máis pequenos se pode facer deporte sen moitas dificultades". "Só se necesita vontade, porque os materiais os temos na casa, só hai que saber adaptarse".

"Podemos correr no domicilio, se o espazo o permite. Se non, trotar. Para adestrar a forza, hai a posibilidade de empregar material de musculación, como pesas ou gomas, mais se non temos sempre poderemos usar garrafas de auga ou o noso propio peso corporal", apunta o experto, quen "adestraba seis días á semana, e agora teño que adaptarme, como todo o mundo".

Cinco exercicios anti sedentarismo

En pequenos espazos pódense traballar practicamente todos os grupos musculares con estes exercicios que recomendan ás lectoras de Nós Diario:

1. Curl de biceps con banda: Situándonos en pé, pisando con ambos a banda elástica, levantamos a cinta con ambas mans. Con catro series de 10 repeticións será suficiente.

2. Sentadiñas: Un dos adestramentos básicos, pero tamén con mellores resultados para traballar os glúteos, as pernas e os abdominais. Consiste en agacharse e levantarse coas pernas medio abertas, sempre de xeito controlado.

3. Skipping: Consiste en que durante un breve período de tempo, nunca máis de 30 segundos, estando de pé e sen perder a posición, elevemos os xeonllos saltando sobre as puntas dos pés.

4.  Laterais rotativos: Tombadas sobre un costado do corpo, sempre riba dun manro, elevamos a perna estendida e facemos círculos.

5. Torsións: Coas pernas levemente separadas, viramos o tronco primeiro cara a un lado, e logo cara ao outro.