As denuncias por agresións sexuais aumentaron en Galiza en 17%

Foron 540, incluíndo 56 violacións, unha media dunha por semana.

Os delitos sexuais aumentaron en só un ano na Galiza en 17,6%. Foron 540 fronte a 459 no exercicio anterior. Incluídas 56 violacións, que deixa unha media de case unha por día. Son dados que ofreceu o Ministerio do Interior sobre delitos e seguridade en Galiza. Son precisamente os relacionados con agresións sexuais, canda as estafas en internet, os que máis soben.

 

Porén, desde a Delegación do Goberno en Galiza sosteñen que o aumento na cifra de denuncias responde ao incremento na sensibilización e concienciación social.

 

As agresións sexuais e a violencia de xénero son dúas das pegadas das consecuencias do machismo que ano tras ano se reflicten en informes e estatísticas oficiais. Os xulgados de Galiza recibiron en 2017 un total de 6.436 denuncias por violencia de xénero, un 13,3% máis con respecto ao ano anterior, cando se presentaran 5.683. A maior parte dos casos (4475) chegaron aos xulgados a través de atestados policiais con denuncia da vítima.