Denuncian a inserción de simboloxía franquista no programa de festas de Castro de Ribeiras de Lea

O BNG afirma que desde a veciñanza lle transmitiron queixas e malestar pola inserción dun escudo franquista nunha publicidade incluída no porgrama. 

O BNG de Castro de Rei denuncia a inserción, “a toda páxina”, na revista-programa das festas de Castro Ribeiras do Lea e que decorreron a pasada fin de semana, dun anuncio no que se publica un escudo franquista, coa imaxe da aguia imperial co xugo e as frechas e o lema de: “Una, grande, libre”.

 

A revista leva no limiar un saúda do Alcalde de Castro de Rei, xa que o concello colabora con 6.000 euros e outras axudas para estas festas.

 

O BNG de Castro de Rei informa que,  “atendendo varias queixas de veciñ@s por este feito e coa fin de que non se repita no futuro, denunciámolo publicamente e demandamos das comisións de festas e do Concello de Castro de Rei, como principal colaborador destas, que impidan no futuro feitos semellantes, e menos, co seu aval e patrocinio”.