Denuncian a “saturación” nas Urxencias do HULA por falta de camas mentres hai toda unha planta pechada

Un traballador no entorno do HULA. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)

CIG-Saúde di que a 4B2 está fechada e con ela, as súas 34 camas.

CIG-Saúde denuncia a situación de “saturación” que atravesa o HULA de Lugo “pola falta de camas de hospitalización” mentres, afirman, hai unha planta do hospital pechada con 34 camas.

“O día 2 de novembro quedaron 14 pacientes nas Urxencias pendentes de ingresar, hoxe hai 10 pendentes de ingresar en planta e en observación”, indican desde o sindicato.

Non é a primeira vez que se producen este tipo de situacións neste centro hospitalario. 

“Esta situación provoca unha saturación tanto nos doentes coma nos profesionais, xa que este servizo é para a atención urxente e inmediata dos doentes, e nestes momentos se convirte tamén nun servizo de hospitalización sufrindo os doentes as consecuencias de non estar no servizo correspondente a súa patoloxía, prolongando as esperas en padiolas ata 24 horas ou máis”, segundo indica CIG-Saúde.

Hai 34 camas pechadas no Hula, toda a planta 4B2, mentres os doentes ateigan en Urxencias”, resumen.

Non é a primeira vez que se producen este tipo de situacións neste centro hospitalario

Na Galiza temos poucas camas hospitalarias —apenas 3 por cada mil habitantes— se nos comparamos co promedio da UE —por volta de 5— ou se temos en mente as recomendacións da OMS —entre 8 e 10. Mais a situación aínda é peor no verán