Denuncian que as residencias de maiores de Política Social continúan con persoal sen vacinar

Vista exterior da residencia de maiores de Oleiros, xestionada por Política Social (Foto: Montse Dopico).
A CIG critica, ademais, a situación "ao bordo do colapso" na que se atopa o centro que xestiona Política Social en Oleiros.

A secretaria da sección sindical da CIG de Politica Social da Coruña, Mar Peteira, denuncio ante a Xefatura Territorial que "falta moito persoal por vacinar nas Residencias de Maiores, sin que pola Xunta da Galiza se tomen medidas inmediatas para así evitar posíbeis riscos de contaxios nuns centros que están a convivir vacinados con non vacinados en primeira liña de atención sociosanitaria".

A central sindical clamar por unha "segunda rolda de vacinacións" nas que se inclúa o persoal "que non foi chamado no seu momento por atoparse de vacacións, situación de permiso ou por recomendacións ante posíbeis contraindicacións que xa foron revogadas".

A residencia de Oleiros, "ao bordo do colapso"

Por outra banda, a CIG tamén denuncia a situación actual na residencia de maiores de Oleiros, de titularidade pública da Consellería de Política Social, na que "se están a soportar unhas condicións de traballo de absoluto desbordamento pola falta de persoal auxiliar de enfermería, o que impide atender debidamente as necesidades dos e das residentes nas distintas plantas do centro, así como o estrito cumprimento das normas sinaladas polos protocolos Covid-19".

A CIG pediulle ao director do centro "que non escape das súas responsabilidades" e tome "con urxencia" medidas para evitar a "paralización" da atención nas plantas e evitar así "un colapso que pode suceder en calquera momento, dado o sobre esforzo co que se está a traballar".

"Responsabilizamos destes feitos directamente á conselleira Fabiola Garcia, sempre despreocupada e carente de empatía cos problemas e situacións que se están a soportar nas residencias de maiores, moi lonxe do panorama idílico e bucólico que a conselleira vende nos medios de comunicación que, por desgraza, solo difunden a súa versión propagandística", conclúe.

A conselleira Fabiola Garcia debe habilitar de inmediato un incremento de plantillas nas residencias de maiores que no caso referido da de Oleiros é unha necesidade urxente e inaplazable. Na consecución dunha soluión definitiva para a acumulación de traballo e sobre explotación do persoal que se da na Residencia de Miores de Oleiros.